© All rights reserved. GRUPOSICOM

Financiamento

Os proxectos agroecolóxicos teñen que ter unha viabilidade económica que permita levar unha vida digna ás súas promotoras. Así, este proxectos necesitan valerse das técnicas de estudo de mercado e viabilidade da economía tradicional desde a óptica da agroecoloxía.
  • Estudos económicos do proxecto.
  • Balances económicos.
  • Análise de investimentos, custes de produción, loxísticos, publicidade, insumos,...
  • Fontes de asesoramento especializado.
  • Plans de seguimento, actuación e correctivos.
  • Estudos de mercado

Romper o peto

Investir nun proxecto agroecolóxico ten as súas peculiaridades, e non é o mesmo que investir noutros “negocios” máis habituais. O principal factor de produción da actividade agraria é a terra, o seu acceso está moi condicionado por factores de dispoñibilidade, sociais e tamén económicos. E sen terra non hai proxecto. O acceso á terra sempre é complicado, e soe ser un proceso bastante longo de negociación.

Unha boa opción é optar por granxas que pechan e nas que as propietarias acceden a ceder / alugar os seus terreos, ou recuperar parcelas de familiares e amigos que nos permitan o seu aproveitamento. Neste país é raro quen non ten unha leira.

Ademais deste investimento, tamén son precisos outros en función do proxecto a desenrolar.

Como aspectos chave á hora de realizar investimentos debemos ter en conta:
  • Execución progresiva dos investimentos
  • Necesidade real dos investimentos e alternativas
  • Incremento ou volume de produción necesario para afrontar o investimento
  • Estudar o incremento no prezo de venda que supón a amortización do investimento e se este incremento sería asumible polas consumidoras
  • Procurar investimentos que satisfagan varias necesidades
  • Procurar investimentos que teñan valor residual
  • Estudo da necesidade de investimentos
  • Realización dun plan de investimentos
  • Antepoñer solucións sinxelas e de baixa tecnoloxía a solución moi tecnificadas que incrementes a nosa dependencia.
Top